PRESENTACIÓN | Presentación |
|
|
|
|
O Centro Xuvenil Don Bosco ubícase no Barrio de San Pedro prácticamente dentro do casco histórico de Santiago de Compostela. Barrio de paso dos peregrinos que chegan a Compostela, nestes momentos é un barrio con moita poboación maior e con crecente poboación inmigrante e doutras culturas. Ten un carácter específico dentro da cidade: núcleo de referencias artísticas para mozos e mozas que se moven no mundo da interpretación e do espectáculo. Caracterízase tamén polas dificultades de movilidade (tráfico e piatóns) e pola escasez de instalacións de esparcemento e deportivas (algo que convirte ó centro xuvenil nun elemento de gran valor para o barrio e a cidade). Temos que apuntar que o Centro Xuvenil é unha referente na cidade e no barrio en canto ao tempo libre e a mocidade. Neste sentido participa do movemento veciñal e asociativo no que se require a presenza xuvenil. Con esta realidade descrita de forma moi resumida o Centro Xuvenil Don Bosco promove unha serie de programas, proxectos e actividades que destacan polas seguintes características e finalidades que ademais responden os seus estatutos:
|