Centro Don Bosco

 
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
INICIO arrow ACTIVIDADES
Actividades PDF Imprimir Correo-e

O Centro Xuvenil Don Bosco o longo do ano ven facendo diferentes actividades sobor todo para nenos e nenas, pero tamén para os mais adultos. 

“Operación Quilo”: En colaboración con outras entidades desenvólvese entre novembro e decembro. Campaña de solidariedade coas persoas con necesidades básicas. É unha actividade significativa e importante na cidade e moito eco nos medios de comunicación social (prensa, radio e televisión). Este proxecto inclúe diferentes actividades de sensibilización cara a dentro e cara a fóra: exposicións, campionatos solidarios, actividades de sensibilización… 

Festa de Don Bosco: É a tradicional velada de Don Bosco na que os diferentes grupos participan con algunha actuación. Completaremos esta velada con outras actuacións de malabaristas, magos, contacontos...

Festas de Maio: Durante o mes de Maio, o celebra a festividade da patroa, Mª Auxiliadora, con distintas actividades tódolos fins de semana do mes rematando, cunha gran celebración familiar na que participan durante todo o día nenos, nenas, pais, nais, amigos, amigas, voluntarias e voluntarios do Centro. 

Campaña de verán: Mañás no bosco, campamento urbano e acampada cativos. Actividades no verán para rapaces de entre 4 e 16 anos. Desenvolvemento nos meses de xullo e agosto. Son actividades programadas e implementadas co protagonismo absoluto dos voluntarios e voluntarias da asociación.

Mañás no Bosco: durante as mañás de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00h a 14:00 h, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Acampada de cativos: 3 días de xullo, para rapaces e rapazas que experimentan as súas primeiras saídas de acampada (de 4 a 8 anos).

Campamento urbano: na primeira quincena de agosto, oferta urbana de mañá e de tarde con moito compoñente cultural. 

Aula Informática: cíber, internet, cursos básicos de informática. A sala de informática funciona de luns a venres polas tardes de 17:30 a 20:30 h durante todo o ano. É un recurso moi utilizado polos monitores e voluntarios nas diferentes fases de programación das diferentes actividades.

Actividades abertas: Bosco Nadal, programación de actividades no tempo das vacacións de Nadal; primavera lúdica, programación de actividades nas vacacións de Semana Santa; emisora dixital, festa das culturas, cine ao aire libre en maio, cursos de idiomas (francés, alemán e inglés), obradoiro de ioga infantil e para mozos/as.

Actividades tradicionais: Magosto, Antroido e romaría de maio. Promóvense festas populares e tradicionais galegas que inclúen moitos elementos de interrelación xeracional e de xogos populares.

Servizos: biblioteca, canchas, salas para reunións, rocódromo, sala de televisión, salón de actos, punto de información xuvenil. As diferentes instalacións e salas están a disposición de todos e son xestionadas polos mesmos mozos e mozas que colaboran nas diferentes actividades que se organizan no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago.

 
Advertisement

IMAXES

P1280627.JPG

SUBVENCIONA