Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Entidades Colaboradoras  

   

Salesianos  

 
 
 
   

Centro Don Bosco

Día da Federación

Detalles

A continuación amosamos a carta do presidente da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, Diego Portos, convidándonos ao Día da Federación que terá lugar en Compostela o vindeiro 10 de maio.

Benqueridos compañeiros e compañeiras,

Enviámosvos este correo para convidarvos ao Día da Federación que pretendemos celebrar todos e todas xuntos en Santiago de Compostela o domingo 10 de maio a partires das 16.00 horas. Como saberedes este ano estamos a celebrar o bicentenario do nacemento de Don Bosco e gustaríanos que este día fose a festa dos/as animadores/as dos centros xuvenís de Galicia para celebrar dita data.

No cartel axunto atópase toda a información precisa pero coméntovos o que imos facer máis polo miúdo:

16.00 Chegada dos participantes. Saúdo da Secretaría Técnica. Torneos intercentros* e Café Trivial.

Realizaremos varios torneos entre animadores/as dos distintos centros xuvenís en varias disciplinas deportivas, ao tempo que haberá a opción dun Café Trivial para quen o prefira. Estas actividades estarán dinamizadas por membros da Secretaría Técnica e voluntarios e voluntarias do Centro Don Bosco.

*Para participar nos torneos recomendamos levar roupa e calzado deportivo, toalla e roupa para cambiarse se fora preciso.

17.30 Tirolina e escalada. Obradoiro de tazas con frases de Don Bosco.

Teremos a posibilidade de gozar destas dúas actividades de aventura, ofrecendo para a xente que non queira participar nesta oferta, a posibilidade de realizar un obradoiro pintando tazas e escribindo mensaxes nelas, con frases de Don Bosco. Todo isto dinamizado por membros da Secretaría Técnica e voluntarios e voluntarias do Centro Don Bosco.

18.45 Festa da escuma**.

Os/as animadores/as poderemos gozar dunha actividade moi atractiva como pode ser a festa da escuma. Isto será dinamizado por voluntarios e voluntarias do Centro Don Bosco.

**Para participar nesta actividade precisaremos levar bañador, toalla, chanclas e roupa para cambiarnos.

19.45 Fogos.

Remataremos a nosa festa, cun espectáculo pirotécnico.

20.00 Despedida formal

Agardamos contar con todos vós nesta, a nosa festa. Un saúdo,
Diego Portos.

Presidente Fed. Don Bosco de Galicia