Actividades
Detalles- Detalles
- Publicado o Luns, 20 Febreiro 2012 13:23
- Visitas: 17026
O Centro Xuvenil Don Bosco o longo do ano ven facendo diferentes actividades sobor todo para nenos e nenas, pero tamén para os mais adultos.
- “Operación Quilo, un quilo un sorriso”: En colaboración con outras entidades desenvólvese entre novembro e decembro. Campaña de solidariedade coas persoas con necesidades básicas. É unha actividade significativa e importante na cidade e moito eco nos medios de comunicación social (prensa, radio e televisión). Este proxecto inclúe diferentes actividades de sensibilización cara a dentro e cara a fóra: exposicións, campionatos solidarios, actividades de sensibilización…
- Festa de Don Bosco: En conmemoración do noso patrón Don Juan Bosco, durante o mes de Xaneiro realízanse diversas actividades para celebralo.
- Festas de Maio: Durante o mes de Maio, o celebra a festividade da patroa, Mª Auxiliadora, con distintas actividades tódolos fins de semana do mes rematando, cunha gran celebración familiar na que participan durante todo o día nenos, nenas, pais, nais, amigos, amigas, voluntarias e voluntarios do Centro.
- Campaña de verán: Mañás no bosco, campamento urbano, San Pedrines e acampada cativos. Actividades no verán para rapaces de entre 4 e 16 anos. Desenvolvemento nos meses de xullo e agosto. Son actividades programadas e implementadas co protagonismo absoluto dos voluntarios e voluntarias da asociación.
- Mañás no Bosco: durante as mañás de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00h a 14:00 h, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
- Acampada de cativos: 3 días de xullo, para rapaces e rapazas que experimentan as súas primeiras saídas de acampada (de 4 a 8 anos).
- Campamento urbano: na primeira quincena de agosto, oferta urbana de mañá e de tarde con moito compoñente cultural.
- San Pedrines: na primeira quincena de agosto, actividades durante as mañás para nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos.
- Aula Informática: É un recurso moi utilizado polos monitores e voluntarios nas diferentes fases de programación das diferentes actividades ,así como polos nenos e nenas do centro.
- D'Amaia Xove: proposta de actividades para rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos, que se realizan ao longo do curso.
- Bosco Nadal: programación de actividades para nenos e nenas durante as mañás no tempo das vacacións de Nadal.
- Actividades tradicionais: Magosto, Antroido e romaría de maio. Promóvense festas populares e tradicionais galegas que inclúen moitos elementos de interrelación xeracional e de xogos populares.
- Servizos: biblioteca, canchas, salas para reunións, sala de televisión, salón de actos, punto de información xuvenil. As diferentes instalacións e salas están a disposición de todos e son xestionadas polos mesmos mozos e mozas que colaboran nas diferentes actividades que se organizan no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago.