É Sport ti

INSCRÍBETE

“É sport Ti" é un programa de inclusión a través do deporte e do xogo orientado a nenos e nenas de infantil e primaria. 

En infantil, poñemos a diposición da educación física a maxia do xogo simbólico en idades tempranas. Apoiarémonos na persoaxe de Katulín quen recorrerá o universo vivindo intrépidas aventuras. Servirase das súas viaxes interestelares para coñecer novos planetas e estrelas nos que terá que superar as adversidades que se atope sirvíndose das súas habilidades motrices (aprendizaxe basado en proxectos).

Para primaria temos prerparada unha programación polideportiva no que o realmente importante é o aprendizaxe táctico, saber xogar. Gústanos potenciar as ganas de aprender e de xogar, restando importancia á competición e ao nivel de habilidade (metodoloxía comprensiva e xogo modificado). Todos temos algo que aportar independentemente de cómo sexamos. O éxito en primaria consígue cando os nenos e nenas síntense realmente realizados practicando deporte sin que exista nada que os alonxe do mesmo.

GRUPO DE INFANTIL LUNS E MÉRCORES 17:30 a 18:30 

De 3 a 6 anos: psicomotricidade, expresión corporal, equilibrio, orientación espacial, lateralidade, habilidades motrices.

GRUPO DE PRIMARIA MARTES E XOVES 17:45 a 18:45

De 7 a 12 anos: baloncesto, voleibol, béisbol, rugby, atletismo, colpbol

  • A competición non é importante (sen liga, sen clasificación, sen enfados).
  • Non é importante o nivel de habilidade: ¡Queremos aprender!
  • E non nos gustan as etiquetas, por iso no grupo somos todos iguais.

O martes 23, as 17.30 horas, e o mércores 24, ás 17,45, realizaremos unhas SESIÓNS abertas e gratuítas sen compromiso para pequen@s e pais e nais, a fin de que valoredes  a actividade e a metodoloxía do noso programa. Para participar será necesario comunicar asistencia en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 981582243.

A cuota mensual da actividade será de 25 euros.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider