Escritura Creativa

INSCRÍBETE

Na BRÚXULA LITERARIA desenvolveremos as capacidades de expresión oral e escrita de mozos a partir de 9 anos. Trataremos de mellorar a expresión oral e escrita do alumnado, fomentaremos a creación de textos literarios orixinais, coa posibilidade de participar en recitais públicos e concursos literarios. 

A actividade ESCRITURA CREATIVA busca mellorar a expresión oral e escrita dos participantes, fomentando a creación de textos literarios orixinais, coa posibilidade de participar en recitais e concursos literarios. Estes son os seus principais obxectivos:

  • Dominar a arte da ficción.
  • Mellorar o desenvolvemento das destrezas da expresión oral e escrita:
    • Reforzar a comprensión lectora.
    • Perfeccionar a capacidade de redacción.
    • Introducir a retórica literaria e ampliar o vocabulario.
    • Estimular a creatividade no ámbito da escritura literaria.
  • Mellorar as destrezas de interacción co público.
  • Potenciar o recitado.
  • Promover o traballo en equipo, a confianza propia, a capacidade para expresarse a nivel oral e escrito e a mellora no ámbito da comunicación.

Horarios

Venres:

  • 17:00 a 18:30 Grupo de 9 a 13 anos (4º de primaria - 2º ESO)
  • 18:30 a 20:00 Grupo de 14 a 18 anos (3º ESO - 2º Bacharelato)

Prezo

30€ ao mes

IMPARTE: Alicia Beatriz López Galego

 

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider