Durante o curso escolar que está a piques de comezar dende o Centro Don Bosco ofrecemos diversas actividades para todo tipo de idades.
Aulas de Música e Baile Tradicional
Destinatarios:
- Maiores de 18 anos
Horarios:
- Baile: Lunes de 20:00 a 21:00
- Pandeiro: sábados de 12:00 a 13:00
- Pandeireta: sábados de 13:00 a 14:00
Prezo:
- 20 euros ao mes por cada especialidade.
Clases de guitarra
Comeza a túa aventura coa guitarra no Centro Don Bosco.
Destinatarios:
- Grupo infantil e xuvenil: De 8 a 17 anos
- Grupo adultos: maiores de 18 anos
Horarios:
- Grupo infantil e xuvenil: Xoves de 18:00 a 19:30
- Grupo adultos: Xoves de 20:00 a 21:30
Prezo:
- 30€ ao mes
Batería e Percusión Lúdica
Espazo no que a través de diferentes xogos e dinámicas, as persoas usuarias aprenderán a tocar diversos instrumentos de percusión, coñecendo os diferentes ritmos e técnicas, así como favorecer o desenvolvemento da concepción do ritmo e das habilidades psicomotoras.
Destinatarios:
- Grupo infantil e xuvenil: De 6 a 17 anos
- Grupo adultos: maiores de 18 anos
Horarios:
- Grupo infantil e xuvenil: Mércores de 17:30 a 19:00
- Grupo adultos: Mércores de 19:00 a 20:30
Prezo:
- 30€ ao mes
Improvisación teatral
Dá renda solta a túa creatividade divertindote, xogando, imaxinando e coñecéndote mellor a ti mesmo. Ten un primer acercamento á actividade teatral, porque as posibilidades de xogo, disfrute, desinhibición, crecemento e desensolvemento persoal que o teatro brinda están abertas a todos e todas. Ademais non e necesario ter experiencia previa.
Destinatarios:
- Grupo infantil e xuvenil: De 8 a 18 anos
Horarios:
- Grupo infantil e xuvenil: Venres de 18:00 a 19:30
Prezo:
- 30€ ao mes
Ioga
Destinatarios:
- Maiores de 18 anos
Horarios:
- Grupo de mañás: Lunes e Mércores de 10:30 a 11:45
- Grupo de tardes: Lunes e Mércores de 19:00 a 20:15
Prezo:
- 30€ ao mes (1 día á semana) / 50€ ao mes (2 días á semana)
Grupo de Conversas en Inglés
Poñemos en marcha un Grupo de Conversas en Inglés dirixido a aquelas persoas que desexen adquirir fluidez na fala a partir de sesións nas que se realizarán debates, coloquios, diálogos,...de forma guiada.
Destinatarios:
- Grupo de adultos: maiores de 18 anos
- Grupo xuvenil: de 13 a 18 anos
Horarios:
- Grupo de adultos: Mércores de 19.00 a 20.00 horas
- Grupo xuvenil: Xoves de 17:30a 18:30
Prezo:
- 25€ ao mes
Escritura Creativa
A actividade Escritura Creativa busca mellorar a expresión oral e escrita dos participantes, fomentando a creación de textos literarios orixinais, coa posibilidade de participar en recitais e concursos literarios.
Destinatarios:
- 4º de primaria a 2º ESO: de 9 a 13 anos
- 3º de Eso a 2º de bacharelato: 14 a 18 anos
Horarios:
- 4º de primaria a 2º ESO: venres de 18:30 a 20:00
- 3º de Eso a 2º de bacharelato: venres de 17:00 a 18:30
Prezo:
- 30€ ao mes
Inscrición
Pódese realizar a inscrición de calquera das actividades no seguinte formulario:
Ademais coa idea de que coñezas como funcionan as actividades entre os días do 16 ao 27 de setembro podes participar de forma gratuita nas seguintes actividades: Clases de guitarra, percusión lúdica e clases de improvisación teatral nos mesmos horarios nos que se realiza a actividade.