Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Centro Xuvenil

O Centro Xuvenil Don Bosco nace no ano 1985 e dende entón non parou de buscar novas alternativas que ofertar á mocidade, aos rapaces e rapazas de Compostela. En todo este tempo fixéronse moitas cousas que converten o Bosco nun centro de referencia para moitas asociacións e persoas, voluntarias/os e profesionais do tempo libre.
É unha iniciativa que favorece distintas ofertas educativas para o tempo de lecer dos rapaces, rapazas, mozos e mozas do barrio e da cidade de Compostela.
Fisicamente o Centro Xuvenil Don Bosco está na rúa Belvís, número 2 de Santiago de Compostela, no barrio de San Pedro.
Polas súas diferentes ofertas está vinculado a outras entidades de carácter local autonómico e estatal: Coordinadora do Barrio de San Pedro, Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, Federación Gallega de Fútbol, Federación Gallega de Baloncesto e Scouts de Galicia.
O centro ofrece entre outros servizos:
•    Un espazo de xogo.
•    Canchas de deporte e xardíns.
•    Locais diferenciados para actividades: teatro, espazo lúdico, biblioteca,...
•    Bar alternativo sen alcohol para mozas e mozos.
•    Un centro de recursos de todo tipo e apoio para o asociacionismo, fundamentalmente o xuvenil.

Do mago Xoán Bosco ao mago Pedro Bugarín

O vindeiro domingo 31 de Xaneiro ás 18:00 no salón de actos do Centro Don Bosco, e englobado nas actividades da festividade de San Xoán Bosco, realizarase o espectáculo de maxia "Do mago Xoán Bosco ao mago Pedro Bugarín".

Lip Dub Don Bosco

Terra, Interculturalidade e Mocidade

 

Proxecto que pretende axudar a motivar o esforzó dos mozos e mozas polo respeto a diversidade cultural e o respeto ao medio.
Comprende diferentes acción das que destacamos:

Ler máis...

Video Federación de centros Xuvenís Don Bosco de Galicia 2013

A continuación podedes ver o vídeo promocional da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. Esperamos que vos guste.

Ler máis...