Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Deseñando O Teu Futuro

Detalles

 

Dende o centro Don Bosco queremos informarvos de que nas vindeiras semanas poñeremos en marcha o proxecto “Deseñando o teu futuro” impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Trátase dun programa co que se pretende proporcionar aos mozos e mozas de 14 a 18 anos un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno para que adquiran coñecementos e habilidades que os axuden a completar o seu desenvolvemento persoal. Para iso os rapaces e rapazas que se inscriban neste programa realizarán estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas e/ou entidades do Barrio de San Pedro que desexen colaborar neste proxecto. A duración destas estadía- visitas a realizar na empresa será de 13 a 15 días hábiles en xornadas de 5 a 6 horas diarias.

Aqueles mozos e mozas que desexen inscribirse no proxecto deberán presentar unha carta motivacional solicitando participar no programa e a correspondente autorización.

Para presentar a documentación existen tres vías:

  • Entregala na nosa sede (Belvís, 2, Santiago de Compostela)
  • Enviala ao seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Cubrir o formulario de inscrición

Máis información nas oficinas do noso centro, en Belvís, 2, ou chamando ao 981 582 243.