Obradoiro Freestyle Rap
Detalles- Detalles
- Publicado o Xoves, 05 Abril 2018 11:44
- Visitas: 85
O Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago de Compostela quere acercar o freestyle rap a toda a mocidade que queira aprender un pouco desta disciplina. Dunha forma amena, lúdica e educativa, o obradoiro terá catro horas de formación e dúas horas de pequena convivencia durante o xantar. Ademais, a inscrición ao obradoiro inclúe unha entrada para a Final Rexional Gold Battle que se celebrará en Santiago ese mismo día a partir das 18:00 nada sala Malatesta. Se queres formarte no freestyle non perdas esta oportunidade!
Data
sábado 28 de abril
Horario
11:30 - Primeira parte
13:30 - Comer
15:30 - Segunda parte
17:30 - Fin
18:00 - Gold Battle (quen queira ir)
Contidos
- Orixes e sentido do Freestyle.
- As bases: vocabulario e dicción.
- Freestyle e punchline (Fluidez e ataque).
- O flow, a métrica e a actitude.
- Punchline e inxenio.
- Técnicas: multisilábicas, doble tempo e calambures.
Prezo
15€(inclúe a comida e unha entrada para a final rexional Gold Battle)
Inscrición
Cubrindo o formulario de inscrición online