Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Aparafusa e Maxina

Detalles

Presentamos a actividade aparafusa e maxina, onde a ciencia e a tecnoloxía camiñan parellas de maneira divertida e accesible para todos.

O programa abrangue múltiples contidos de tecnoloxía e enxeñería, enfocados dende unha óptica do-it-yourself, onde aprenderán deseño 3D, programación, manexo de drons e montaxe de robots de hardware libre; así como un amplio espectro de experimentos de diversos ámbitos da ciencia, elaborados para que a experiencia se realice enteiramente polos rapaces e rapazas, dende a formulación das dúbidas que dan pé ao experimento, a realización do mesmo e a exposición dos resultados obtidos.

O sábado 20 de outubro ás 10.30 realizaremos unha SESIÓN aberta e gratuíta sen compromiso para pequen@s e pais e nais, a fin de que valoredes  a actividade e a metodoloxía do noso programa. (Necesario inscribirse para a sesión gratuita en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 981582243)

Vide a divertirvos medrando como científicos!

A actividade, pensanda para nenos e nenas de 6 a 12 anos, se desenvolverá os sábados de 10 a 11.30 horas  no Centro Don Bosco e terá unha couta mensual de 25 euros. Haberá un grupo de actividades para participantes de 6 a 8 anos, e outro grupo para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos.