Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

A Brúxula Literaria - Obradoiro de Escritura Creativa

Detalles

Na BRÚXULA LITERARIA desenvolveremos as capacidades de expresión oral e escrita de mozos e adultos a partir de 14 anos. Trataremos de mellorar a expresión oral e escrita do alumnado, fomentaremos a creación de textos literarios orixinais, coa posibilidade de participar en recitais públicos e concursos literarios.

 O venres 9 de novembro ás 19:00 faremos unha xornada de portas abertas, no que todo o mundo poderá participar, e disfrutar da actividade.

OBXECTIVOS:

  • Dominar a arte da ficción.
  • Mellorar o desenvolvemento das destrezas da expresión oral e escrita:
    • Reforzar a comprensión lectora.
    • Perfeccionar a capacidade de redacción.
    • Introducir a retórica literaria e ampliar o vocabulario.
    • Estimular a creatividade no ámbito da escritura literaria.
  • Mellorar as destrezas de interacción co público.
  • Potenciar o recitado.
  • Promover o traballo en equipo, a confianza do alumno, a súa capacidade para expresarse a nivel oral e escrito e a súa mellora no ámbito da comunicación.

METODOLOXÍA:

  • Escribir e ler para crear e comprender.
  • Dinámicas individuais e grupais de Escritura Creativa e Lectura Comprensiva: lectura, comprensión de textos, creación de textos literarios: contos, relatos, novela, poesía.
  •  Coñecer para innovar: traballo práctico con textos e métodos dos grandes escritores e pedagogos da Escritura Creativa e artistas de disciplinas afíns como un camiño para as novas creacións da arte da escritura.
  •  Coñecemento da narración desde os seus elementos máis básicos ata o dominio de estruturas narrativas máis complexas a través de dinámicas de creatividade literaria.
  • A arte da expresión oral: como contar un conto, recitado de poemas, performance literaria.
  • Formación multidisciplinar: a formación literaria inclúe o seu desenvolvemento paralelo con outras artes: artes visuais e música. Desenvolvemos así mesmo a literatura no ámbito das novas tecnoloxías.

Participación en recitais e concursos literarios.

A PROFESORA:

Alicia Beatriz López Galego, escritora, profesora de Escritura Creativa na Escola de Música Berenguela e na Facultade de Filosofía da USC. Foi directora e presentadora do espazo radiofónico literario e humanitario, O Sombreiro de Merlín, en Radio Obradoiro. Redactora-xefa de revista Letra Negra. Variacións culturais.

Anímate a crear as túas propias obras a través da diversión.

Inscríbete no noso correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 981582243.

Inscríbete, escribe, aprende.