Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Festas de Don Bosco 2019

Detalles

Como ven sendo habitual todos este anos por estas datas no noso centro, propoñemos varias actividades para celebrar as Festas de Don Bosco con opcións para toda a familia.

Venres 1 de febreiro: Actividade Xuvenil

  • Gran Bosco Escape: Algo se agocha soterrado nas vetustas instalacións do Centro Don Bosco, en Belvís. Podería tratarse dun antigo tesouro.
    Precisamos de persoas intrépidas. Aventureiras e aventureiros, sen medo a se adentrar nos misterios do edificio e dispostos a coñecer aos seus estraños habitantes para atopalo... 
    Pero coidado, quizás haxa un misterio aínda maior agachado detrás de toda esta procura, despois de todo algúns segredos non deberían revelarse xamais. Nada se sepulta por designios do azar …
  • A partir de 16 anos
  • A partir das 21:00 no centro Don Bosco
  • Cea-picoteo tras a actividade

 

Sábado 2 de febreiro: Actividade infantil e familiar

  • Ás 12:00 actuación do mago Juanky Aonso
  • Animación musical
  • Nas instalacións do centro Don Bosco