Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Programa Máis Que Apoio Escolar

Detalles

O Centro Don Bosco inicia o 18 de setembro o programa  de apoio escolar destinado a escolares de Primaria, ESO e Ensino postobrigatorio. O programa, que funcionará de 16.30 a 20.30, de luns a venres inclúe:

Sesións de Reforzo Escolar nas disitintas áreas académicas en grupos reducidos e homoxéneos, cun máximo 6 persoas, con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía.  Todos os días de luns a venres de 16.30 a 20.30. Programas de 2, 3, 4 ou 5 horas semanais.

Espazo aberto de aprendizaxe e estudo asistido con monitores pensado para estudo persoal e realización de tarefas escolares, con material de consulta: libros e posibilidade de busca en Internet. Todos os días de luns a venres de 17.30 a 19.30. Programas de 5 horas semanais.

Curso de Técnicas de Estudo, para un máximo de 10 alumnos de ESO por grupo,  pensado para que desenvolvan a súa propia estratexia de estudo tras coñecer e traballar diversas metodoloxías. O horario establecerase en función da demanda.

Programa de Necesidades Específicas de Apoio Educativo, dirixido especialmente a rapaces e rapazas con dificultades na aprendizaxe, en sesións individuais ou de grupos  moi reducidos, cun máximo de 3 participantes e con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía.  O horario establecerse en función da demanda.

Actividades en lingua estranxeira para todalas idades. Obradoiros en inglés para os maís pequenos e grupos de conversas en inglés para adolescentes e adultos.

Programa de Asesoramento Familiar para pais e titores co obxectivo de reforzar e mellorar o seu  papel no proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas.  O horario establecerse en función da demanda.

Os programas podense coller xuntos ou por separado. O prezo se establece en función dos programas elixidos, segundo a táboa que está a continuación:

PROGRAMA DE REFORZO ESCOLAR

PREZO MES

PREZO MES

PREZO MES

 

PRIMARIA

ESO

POSTOBRIGATORIA

2 horas semana + 5 horas en espazo aberto

50

60

75

3 horas semana + 5 horas en espazo aberto

60

75

85

4 horas semana + 5 horas en espazo aberto

70

85

100

5 horas semana + 5 horas en espazo aberto

85

100

115

 

 

 

 

ESPAZO ABERTO

 

 

 

5 horas semanais

30

30

30

 

 

 

 

TÉCNICAS DE ESTUDO CURSO DE 10 HORAS

MATRÍCULA

 

 

Alumnos/as do programa de reforzo

80

 

 

Resto

100

 

 

 

 

 

 

NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

PREZO

 

 

Unha sesión individual

25

 

 

Unha sesión grupal, máximo de 4 participantes

15

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADE EN INGLÉS

PREZO MES

 

 

Obradoiros para peques

20*

 

 

Grupo de conversas

25

 

 

*Non inclúe os gastos de materiais para a realización dos obradoiros

De forma complementaria e gratuíta para os inscritos no programa ofrécese:

  • Servizo de orientación académica-profesional, con atención a consultas individuais.
  • Posibilidade de uso de aula para traballos en grupo, previa reserva.
  • Talleres complementarios de lectura, idiomas, ciencia, habilidades sociais…,  que se farán os sábados de 11 a 12.

A inscripción no programa tamén se poderá realizar on-line no seguinte enlace: formulario de inscrición

Para máis información e para inscribirse, a responsable do programa atenderá persoalmente nas oficininas do centro Don Bosco polas tardes de luns a venres de 17 a 20 horas.