Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Intensivo de Verán Reforzo Escolar

Detalles

Dende o programa Máis que Apoio Escolar poñemos a vosa disposición un programa de reforzo escolar para os meses de xullo e agosto, encamiñado a preparación dos exames de recuperación de setembro. Grupos de estudo de tamaño reducido, guiados por unha profesora titulada e con experiencia.

 

Dirixido o alumnado que cursa Educación Secundaria Obrigatoria e que ten pendente a realización de exames de recuperación dalgunha materia no mes de setembro, ou ben necesita reforzar o contido curricular dalgunha área ou materia.

A continuación recóllese un desglose do horario do programa que se desenvolverá nas instalacións do centro Don Bosco: 

  • Mes de xullo: luns, mércores e venres de 10 a 12 horas.
  • Mes de agosto: dos días 19 ao 31. Luns, martes, mércores, xoves e venres de 16.30 a 18.30 horas.

Prezo por mes solto: 75 euros cada mes.

Prezo total do programa: 130 euros. 

Mais información no 981 582 243 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..