Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Club Deportivo Belvís

Detalles

O  Club Deportivo Belvís data de xuño do 1991. Presenta como fin principal  o fomento e a práctica da actividade físico-deportiva e a súa actividade é non lucrativa. Na actualidade céntrase no fomento do fútbol base entre os rapaces e rapazas, mozos e mozas de Compostela.

 

Este club colabora con outras agrupacións deportivas e entidades, en campos educativos de tempo libre e outras ofertas que benefician os seus compoñentes.

Obxectivos que se trallan:

  • Fomento do deporte base na cidade de Compostela, sobre todo o de fútbol.
  • Procura dunha educación integral dos rapaces e mozos nos valores humanos máis fundamentais, a través do deporte.
  • Fomento da práctica deste deporte desde a base, animando aos participantes a que o coñezan e o practiquen.
  • Favorecemento da formación dos monitores e adestradores.

Destinatarios e destinatarias
Un total de 120 deportistas pertencen aos equipos federados nas distintas categorías no deporte de fútbol 7 e fútbol da Federación Galega de Fútbol