Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Agrupación Deportiva C.D. Bosco

Detalles

A agrupación deportiva Club Deportivo Bosco nace no 1984 e presenta como fins principais:

 

  1. Desenvolver actividades físico-deportivas entendidas na línea do deporte para todos e no tempo libre.
  2.  Fomentar, promocionar e divulgar a idea do exercicio físico e o deporte en xeral, pois reconócese que son un medio o servicio do pleno desenvolvemento da persoa.
  3. Apoiar as iniciativas válidas que, dentro das actividades físico deportivas, se suscíten no beneficio da zona onde ten a sede o club, especialmente as de minibasket, baloncesto, futbito e deportes alternativos.
  4. Promover e mellorar o nivel social e cívico de aqueles que estén vinculados dalgunha maneira a agrupación, desenvolvendo actividades que capaciten para a mellor integración nos barrios onde viven e na sociedade a que pertencen.
  5. Colaborar e promocionar actividades conxuntas con outras agrupacións deportivas ou clubs da provincia.
  6. Prevención, a partires das actividades deportivas, da marxinación e drogadicción.

Estos fins indicados tradúcense en obxectivos nos que se traballa no ano 2009:

  • Fomento do deporte base na cidade de Compostela, en concreto o basket e o fútbol sala.
  • Promoción dunha educación integral dos rapaces e rapazas, mozos e mozas que participan na agrupación.
  • Apoio,a través do deporte, de alternativas de tempo libre para o barrio.

O ámbito territorial de actuación comprende fundamentalmente o Concello de Santiago e puntualmente a outras zonas da provincia.