Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

X Torneo Solidario de fútbol sala

Detalles

O X Torneo solidario de fútbol sala – Operación Quilo xa está en marcha, si estás interesado en facer equipo estas son as características:

LUGAR

  • Pavillón Municipal de Fontiñas, Santiago de Compostela
  • Pavillón Municipal de Monte dos Postes, Santiago de Compostela

DATAS E HORARIOS

  • 28 de decembro de 2016 (De 20:00 a 23:00)
  • 29 de decembro de 2016 (De 20:00 a 23:00)
  • 30 de decembro de 2016 (De 20:00 a 23:00)
  • 31 de decembro de 2016 (De 10:00 a 14:00) - só no pavillón Municipal de Fontiñas

INSCRICIÓN

  • Entrega da ficha (dispoñible na parte superior desta misma nova) xunto con 30 € por equipo + 1 kilo de alimentos por xogador
  • No Centro Don Bosco en Belvís 2, Santiago de Compostela
  • Ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Prazo de inscrición: ata o venres 23 de decembro de 2016 ás 14:00

REUNIÓN PARA O SORTEO DOS GRUPOS

  • Luns 26 de decembro de 2016
  • Ás 20:30
  • No Centro Don Bosco en Belvís 2, Santiago de Compostela

CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPOS

  • 12 xogadores máximo por equipo
  • A partires de 16 anos
  • Máximo de 24 equipos no torneo

PREMIOS

  • Trofeos 1º Clasificado 2º Clasificado - Boletos do sorteo do día 26

TELÉFONOS DE CONTACTO

  • Centro Don Bosco: 981 58 22 43
  • Ángel: 679122374


Coa participación neste torneo solidario, ademais dos quilos que aportamos para as familias de Santiago, colaboramos cun proxecto do Terceiro Mundo: a colaboración na financiación dun programa de axuda a mozos e mozas refuxiadas. O título do mesmo é “SOS Siria, estou atrapado nunha guerra. Axúdame” e nel participamos coa ONGD estatal “Jóvenes y Desarrollo” e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.