Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Espazo Lúdico Papaventos

A entidade Arela Xove nace hai máis de dez anos para atender necesidades dos máis pequenos do barrio de San Pedro e Santiago de Compostela. Dentro da entidade a acción máis representativa é a creación do Espazo Lúdico Papaventos.

Papaventos é un proxecto que nace dende a premisa da educación non formal apoiándose nos principios da filosofía salesiana. É un recurso para a xente do barrio sin pecharse ao resto da cidade e que fai una oferta diaria para rapazas e rapaces que precisen una proposta extraescolar educativa e que tambén sirva para a conciliación da vida laboral e familiar.

As actividades máis destacadas son a educación en valores, o xogo dirixido, os tempos para xogo libre e o apoio escolar.

O equipo técnico que forma o proxecto Papaventos é persoal cualificado en diferentes ámbitos, dende Diplomados en Maxisterio, Educación social, etc ata voluntarios procedentes de outros países europeos, gracias aos que por exemplo se traballan idiomas e interculturalidade.

Divididos en diferentes grupos, os participantes dende os 4 aos 14 anos teñen o seu espazo en Papaventos dentro do horario de 17.30 a 20.00h de Luns  a Venres.