Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Grupo Scout Khanhiwara

O grupo scout Khanhiwara busca a educación integral da persoa segundo a filosofía do seu fundador Baden Powell a través da vida na natureza, o traballo en pequeno grupo, a educación pola acción, o progreso persoal dos rapaces, a adhesión a unha lei e unha promesa, e o acompañamento do adulto. Oferta actividades continuas ao longo do ano para rapaces e rapazas de 8 e 19 anos, organizados por idades en catro niveis: lobecos(8-11 anos), rangers(12-14 anos), pioneiros(15-16 anos) e rotas(17-19 anos).
Son actividades reseñables deste grupo as reunións semanais, onde se fan actividades variadas segundo as idades: xogos, obradoiros, rastrexos, debates, servizos á comunidade, descubertas..., os extra-jobs, as marchas, as saídas dun día, as acampadas de fin de semana, o campamento de Nadal, normalmente de 4 días e o campamento de verán de 15 días no me se xullo ou agosto en réxime de acampada, cada ano nun lugar distinto.
O seu calendario desenvolvese no curso escolar (setembro/xuño). O horario da actividade é os sábados de 12:00 a 14:00H.