Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Proxecto de Cooperación Grupo Scout Angola

Detalles

O Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago de Compostela quere apoiar a iniciativa da Asociación Diocesana de Escultismo (ADE) de Santiago de Compostela, no que van a axudar a crecer a un grupo scout de mozos e mozas de Angola que necesitan material para continuar ca súa acción, polo que se pretende colaborar enviando a Angola un cargamento con equipamento de acampada.

Como podo axudar?
Se tes algunha de estas cousas e xa non as necesitas podes deixalas no Centro Xuvenil Don Bosco en Santiago ou no Centro Scout Abeiro para que teñan unha segunda vida útil.

  • Uniforme Scout: pantalóns, camisas, pasadores, medias e pompóns.
  • Equipamento: tendas de campaña, mochilas, sacos de durmir, esterillas, botas (en bo estado) cantimploras, linternas e compás.

A data Límite: o martes 10 de abril de 2018.

Lugar e horarios: Centro Don Bosco, Rúa Belvís 2, 15703, Santiago de Compostela de luns a venres 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e sábados de 12:00 a 14:00