Operación Quilo

Un ano máis O Centro Don Bosco pon en marcha a Operación Quilo, unha campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene, na que como os anos anteriores todo o recadado irá para as entidades: Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo, e facilitar así o seu traballo cas persoas que máis o necesitan.

O PROXECTO SOLIDARIO no que colaboramos nesta edición é o programa de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria: “PROXECTO SURIYA” promovido pola Federación de centros xuvenís don Bosco de Galicia e a Confederación de centros xuvenís don Bosco de España. 

Esta campaña leva existindo en Santiago de Compostela dende o ano 1986, e gracias a ela conseguimos que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para todas esas persoas en risco de exclusión social

O importante desta campaña son as persoas, pero non só aquelas que necesitan axuda, porque esta operación non sería posible sen todas esos/as voluntarios/as que nos axudan nos diferentes frentes.

Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:

    • Sendo Quiloborador. Neste enlace  podes ver como ser entidade colaboradora.
    • Axudando na recollida. Podes unirte mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
    • Doando algún alimento ou producto de hixiene. Aquí tes un mapa con todos  Puntos de recollida dispoñibles onde podes facelo.

Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 981582243 e estaremos encantados/as de falar contigo.

Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider