Entidade Quiloboradora

O nadal está nas nosas portas, e como cada ano con él chega un momento de ledicia e compartir familiar, pero tamén a nosa xa coñecida campaña Operación Quilo, na que recollemos alimentos e productos de hixiene para as familias que máis o necesitan, e no que precisamos Espazos Quiloboradores, lugares que queiran colaborar deixando un espazo onde a xente poida deixar estos productos.

 Que se necesita para ser Espazo Quiloborador?

Calquera pode ser un Espazo Quiloborador, simplemente con ter un pequeno espazo ónde poidamos poñer unha caixa para que a xente poda deixar alí os alimentos ou productos de hixiene sería suficiente, e pasarías a ser parte da nosa rede de Espazos Quiloboradores, aparecendo na na nosa web e recibindo a nosa acreditación.

Como podes ser un Espazo Quiloborador?

Moi simple, enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., queremos favorecer a colaboración, así que se tedes calquera dúbida escribídenos ou chamando ao 981582243 para darvos todas as facilidades que necesitedes, polo que para calquera cuestión estamos a vosa disposición.

Grazas pola vosa colaboración, porque entre todos/as podemos mellorar a situación das persoas que máis o necesitan.     

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow