Campamento Urbano 2020

INSCRÍBETE

Un ano máis dende o Centro Don Bosco realizamos o Campamento Urbano nas primeiras semanas de agosto. O fío conductor do campamento este ano será a historia da viaxe e establecemento de Bretenaldo Franco en Compostela. Este persoaxe foi un viaxeiro de máis aló dos pirineos, que no século X realizou a súa peregrinación á primitiva cidade. É a persoa maís antiga que as fontes conservadas recollen, coma peregrino e coma habitante de Compostela, entre as décadas do 920-30. Dise que se fixo cunha vivenda e con terras para o traballo despois da súa peregrinación.

1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL: para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2006 e 2011) INSCRÍBETE

2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL: para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2003 e 2005) INSCRÍBETE

A continuación indicamos os horarios das actividades: 

Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Explicación da temática nos pequenos grupos
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade

Calendario:

A temática do campamento versará no diario de viaxe de Bretenaldo 

  • Día 3 (luns): Preparación para o camiño
  • Día 4 (martes): saída cara Roncesvales co cabalo
  • Día 5 (mércores)venda do cabalo, chegada a Pamplona e importancia da solidariedade da xente
  • Día 6 (xoves): fai unha ofrenda na Ponte da Reina e quédanlle poucas provisións
  • Día 7 (venres): está moi canso, para a descansar e asáltano
    • Xogos de Auga para todos os grupos
  • Día 10 (luns): viaxa en carro ata Sahagún con Leandra mentres se recupera
    • O grupo xuvenil(nacidos entre 2003 e 2005) visitará as piscinas do Sar
    • O grupo de maiores 1(nacidos entre 2009 e 20011) visitará o Monky Park
  • Día 11 (martes): retoma o camiño, ve a catedral de León e chega a Astorga
    • O grupo xuvenil(nacidos entre 2003 e 2005) visitará o Monky Park
    • O grupo de maiores 2(nacidos entre 2006 e 2008) visitará as piscinas do Sar
  • Día 12 (mércores): cúranlle as feridas dos pés e axuda a vender zapatos no Cebreiro
    • O grupo de maiores 2(nacidos entre 2006 e 2008) visitará o Monky Park
  • Día 13 (xoves): chega ata Portomarín e coñece a través dun cura as propiedades dos castiñeiros
    • O grupo de maiores 1(nacidos entre 2009 e 20011) visitará as piscinas do Sar (NOVA DATA)
  • Día 14 (venres): evento final

Prezo:

É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).

Inscrición

Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición

* Este ano non haberá actividades polas tardes

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow