CREA! - Collage

Materiais: Tixeiras, pegamento o cola, materiais para reciclar (revistas, cartolinas, xornais...), cartolina ou folio onde facer o collage.

 

  1. En primeiro lugar precisaremos un boceto do debuxo ou fotografía que queremos realizar. Sen boceto non obteremos bos resultados. Para realizar un collage podemos empregar diversos tipos de materiais, pero o máis axeitado é o papel. Se gardamos as revistas en lugar de tiralas, poderemos arrincar aquelas páxinas que nos chamen a atención polo seu colorido, as súas fotografías, etc. A continuación pódense distribuír por cores en diferentes arquivos ou caixas de cartón para o seu fácil almacenamento: desta forma teremos todos os tons de vermello nun arquivo, todos os azuis noutro, etc. Cando necesitemos estampar o ceo, por exemplo, saberemos exactamente en que arquivo buscar os tons azuis.
  2. O pegamento pódese aplicar ao fondo e pegar inmediatamente anacos de revistas ou outros materiais reciclables. Para iso podemos empapar unha esponxa con pegamento e simplemente aplicala sobre o papel antes de pegalo. Non hai unha secuencia correcta e incorrecta de pegar pezas. Cada neno aplicará a técnica que lle resulte máis cómoda. As pezas pódense pegar unhas con outras, sen preocuparse realmente pola precisión, e ata deixando espazos entre as pezas.

OPCIONAL: Unha vez terminado o traballo pódese vernizar e enmarcalo, colocándolle un vidro. Nunha zona sombreada da parede conservarase mellor e evitaremos que as cores da imaxe se desvanezan.

 

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider