X Solidaria

"As entidades sociais e as nosas persoas traballadoras e voluntarias estamos en primeira liña contra a pandemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Podémolo facer en gran parte porque cada vez mais persoas marcan a X Solidaria na súa Declaración de IRPF"

O ano pasado moitas de vos fixestes unha X xigante nas vosas localidades representando a X Solidaria. O esforzo pagou a pena porque conseguimos animar a 14.564 galegos e galegas máis (716.201 en total) a marcar ese casiña, pero ainda hai moitas persoas que non a marcan.

Este ano non podemos levar a cabo actos na rúa pero cremos que dende as nosas casas tamén podemos facer moito.  Así que vos pedimos como organizacións pero tamén como persoas traballadoras, voluntarias ou participantes que o 2 de abril e durante todo o tempo que dure a campaña do IRPF enchamos de X Solidarias as nosas ventanas e redes sociais

Pedímovos o seguinte:

  • Debuxar ou facer una "X" (manualmente ou por outro medio que prefirades) e subila ás redes sociais e as fiestras das casas ou locais. Liberdade de creación total ?
  • Lanzar mensaxes co que estades facendo nas vosas entidades ou a título individual, animando a marcar a XSolidaria coa idea forza de que "as entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; pondéndoo facer en gran parte porque cada vez mais persoas marcan a X Solidaria"
  • Utilizar en tódalas publicacións as etiquetas #XSolidaria e #CoronavirusGalicia.
  • Que difundades esta campaña entre organizacións e persoas.

Tedes xa toda a información e ideas clave na web xeral da campaña: www.xsolidaria.org

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider