Bosco Fest

O Bosco Fest son un conxunto de eventos solidarios que terán lugar mensualmente durante os meses de Marzo, Abril e Maio deste ano, no Centro Don Bosco de Santiago de Compostela.

Trátase dunha iniciativa sen ánimo de lucro a favor da “Operación Quilo”, polo que o noso obxectivo principal é a recaudación da máxima cantidade de alimentos posibles. Desta maneira, as persoas que máis o precisen poderán ter os recursos básicos para comer dignamente, cubrindo así unha das necesidades básicas nas vidas das persoas. Este obxectivo ven a raíz de que a mayoría de recollida de alimentos proveñen de campañas en momentos puntuais como o Nadal, pero os recursos alimenticios fan falta durante todo o ano. Así, esta iniciativa persegue outro obxectivo, que é o de concienciación da nosa sociedade acerca da importancia que teñen pequenos xestos para moitas persoas en dificultades económicas. Por último, os eventos servirán de promoción para os grupos musicais, persoas encargadas de obradoiros ou talleres e incluso a entidades que colaboren nestas iniciativas solidarias.

Os eventos en cuestión serían tres, un primeiro realizado o 28 de Marzo que sería Bosco Fest Urban; un segundo realizado o 18 de Abril que sería RockFest; e un terceiro o 30 de Maio que sería FolkFest; todos enmarcados na campaña solidadria de BocoFest, e tendo en conta os obxectivos anteriormente descritos.

En canto ao UrbanFest, consistiría nun evento dedicado á temática urbana. A entrada a este evento costará 2 kg de comida para doar, en razón do obxectivo principal establecido ao comezo deste documento. Ese día haberá unha primeira parte con obradoiros de breakdance, beat box e skate, aos cales poderán acceder os e as participantes e vivir dende dentro a cultura urbana. Así mesmo, haberá unha exhibicón de graffiti, onde se poderá ver a un experto na materia traballar e o resultado do seu traballo, relacionado coa “Operación Quilo”. A continuación haberá unha “Batalla de Galos”, onde participarán os que estén inscritos nela. O resto de participantes poden ver esta competención en primeira persoa, vendo a pequenas promesas que poden ser o futuro do rap. Por último, temos unha serie de concertos de cantantes locais que teñen bastante repercusión a nivel autonómico, e que quixeron colaborar sen ánimo de lucro (como o resto das persoas colaboradoras) coa nosa iniciativa.

En canto ao RockFest, este será un evento onde a entrada tamén será comida. A súa temática é rockeira, de maneira que teremos varios grupos a nivel autonómico de Galicia colaborando con nos sen ánimo de lucro. Á vez que os concertos, ofreceremos unha serie de xogos, a modo dun feirón, como por exemplo xogos de dardos, encestar, tiro de tubos cunha pelota… Os participantes terán 3 tickets con cada entrada para os xogos, e a súa vez, con cada consumición da cantina terán outros tres tickets.

 

En canto ao FolkFest, este basearase un pouco na nosa música tradicional galega, así como algunha música relacionada con esta temática. Ao mesmo tempo, os participantes, que accederán cunha entrada co mesmo precio que os anteriores eventos, terán a oportunidade de participar en distintos talleres como poden ser de pulseiras, un justdance, xogos tradicionais… dando lugar así a unha mestura de actividades co concertos detemática tradicional (música galega).

 

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider