Operación Quilo

Un ano máis O Centro Don Bosco pon en marcha a Operación Quilo, unha campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene, na que como os anos anteriores todo o recadado irá para as entidades: Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo, e facilitar así o seu traballo cas persoas que máis o necesitan.

Esta campaña leva existindo en Santiago de Compostela dende o ano 1986, e gracias a ela conseguimos que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para todas esas persoas en risco de exclusión social

O importante desta campaña son as persoas, pero non só aquelas que necesitan axuda, porque esta operación non sería posible sen todas esos/as voluntarios/as que nos axudan nos diferentes frentes.

Ademais, entre as actividades da Operación Quilo realizarase un Torneo Solidario de fútbol sala no que se recaudarán, entre os participantes e asistentes, tanto alimentos como cartos,  esto últimos servirán de axuda para o proxecto solidario PROXECTO SURIYA promovido pola Federación de centros xuvenís Don Bosco de Galicia e a Confederación de centros xuvenís Don Bosco de España: programa de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria.

Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:

    • Sendo Quiloborador. Envía un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Neste enlace  podes ver atopar máis información de como ser entidade colaboradora.
    • Axudando na recollida. Podes unirte mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
    • Doando algún alimento ou producto de hixiene. Aquí tes un mapa con todos os Puntos de recollida dispoñibles onde podes facelo.

Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 981582243 e estaremos encantados/as de falar contigo.

Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider