CD Bosco

O Club Deportivo Bosco nace no 1984 e tras uns anos de parón volve para seguir cunha tradición do baloncesto que nunca se esqueceu.

Buscamos potenciar o deporte dunha maneira sana e o menos competitiva posible, onde cada neno/a aprenda ao seu ritmo, adaptándonos ao seu desenrolo.

Os nosos adestramentos son os luns de 17:30 a 19:00, para nenos a nenas entre 8 e 11 anos, e neles ensinamos os conceptos básicos do baloncesto, así como traballamos a psicomotricidade dende unha perspectiva lúdica.

A competición na que participa o equipo é a liga de minibasquet de Santiago de Compostela, sendo os partidos os sábados pola mañá.

Se queres máis información non dubides en escribirnos (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou poñervos en contacto por teléfono: 981582243.

Cuota trimestral: 40€

Apúntate no Formulario Inscrición CD Bosco (baloncesto)

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider