Escola

 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no rexistro de Escolas de Tempo Libre da Xunta de Galicia e no rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Desenvolve a súa actividade dende 1985 en tres grandes áreas:

FORMACIÓN e promoción laboral dos diferentes axentes que interveñen nos procesos de educación non formal nos programas de tempo libre educativo e de intervención sociocomunitaria. Imparte os curso oficiais da Xunta de Galicia de Monitor/a e Director/a de Tempo Libre.

IMPLEMENTACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN dende o ámbito da educación non formal e do tempo libre, con especial atención a proxectos de integración da infancia e mocidade en risco de exclusión social.

PROMOCIÓN DO VOLUNTARIADO. A escola é un punto de información, formación e asesoramento do voluntariado, ademais funciona como entidade de apoio para acollida e envío do voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, antes denominado Servizo Voluntario Europeo.

Dentro da mesma vocación global de tecer redes é membro da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, da Federación Didania, da rede de Proinfancia, da Comisión Nacional de Escolas de Tempo Libre Salesianas e da Rede Reconoce.

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow