Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Campaña de sensibilización

Detalles

No Centro Xuvenil Don Bosco, estivemos a desenvolver unha campaña de sensibilización, enmarcada no proxecto de Iniciativa Xove "Pais, Interculturalidade e Mocidade". Acudiron participantes dos colexios Vilas-Alborada, San Francisco e San Jorge dende o 14 de xaneiro ata abril de 2015. Ao longo das sesións, e a través de diferentes dinámicas, reflexionamos con todas e todos sobre os temas da empatía e da inclusión.

En primeiro lugar, e segundo a idade dos rapaces, traballamos con algunhas curtometraxes que reflectían as diferenzas, e nos debates posteriores fomentóuse o respecto polas mesmas e as actitudes positivas de apoio e de cooperación, así como o sentimento de axuda mutua. O máis importante desta actividade era resaltar a necesidade de sentirse aceptado dentro dun grupo, para logo tamén poder aceptar aos demáis. Establecéronse acordos e compromisos en consenso grupal ao final de cada sesión.

Por outra banda, propuxémoslles unha dinámica chamada “cinta de prexuízos” para favorecer a súa reflexión con respecto ós estereotipos. Partindo da propia experimentación, os mozos e mozas levaron cintas pegadas na fronte atribuídas o azar cunha etiqueta (por exemplo: maniático, intelixente, agresivo, inútil, ...). O máis interesante desta actividade é a avaliación final que se fai en grupo, xa que é onde se aprende o sentimento bo ou malo que erroneamente poida sentir un compañeiro ou compañeira coa atribución dunha destas etiquetas na vida real.

Para rematar, lembramos a todos e a todas a importancia de non rexeitar a ninguén polas súas diferenzas aínda que sexa o máis doado. O importante é incluir.


Natacha Rodríguez