Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso de Director/a de Campos de Traballo 2017

Detalles

A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco realizará no vindeiro mes de abril un curso de Director/a de Campos de Traballo. Máis información a continuación:

Requisitos

  • Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre e ter experiencia como director/a do equipo de animación de alomenos, nun campamento de 15 días.

Datas

  • 2, 8, 9, 29 e 30 de abril de 2017

Horarios

  • De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Matrícula

Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o formulario de inscrición

Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola(rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

Total prazas

  • 25 alumnos

Prezo

  • 200€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

50 horas teóricas e 14 días de prácticas nun campo de traballo (tras superar a parte teórica).

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.


Programa do Curso
1. Características xerais que definen un campo de traballo como marco de relación e comunicación  para os /as  participantes.
2. As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
3. Tipoloxías de campos de traballo e aprendizaxe:
3.1. Patrimonio arquitectónico.
3.2. Arqueoloxía.
3.3. Protección da natureza.
3.4. Acción comunitaria.
3.5. Coñecementos sobre o país ou comunidade.
3.6. Outros (técnicas específicas. Agricultura, gandería e pesca).
4. O traballo técnico. Horarios, recursos, material  ferramentas de traballo. Material específico.
5. Persoal e tarefas.
5.1. Equipo de monitores (director, monitor, cociña).
5.2. O equipo técnico.
6. O aloxamento.
7. Os/as  participantes e as súas necesidades.
7.1. Funcionamento diario, marco normativo, de convivencia e práctico.
7.2. Actividades alternativas e complementarias.
8. Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Criterios de selección das diferentes propostas:
9.1. Traballo adecuado ós rapaces e que lles sexa gratificante.
9.2. Interese que demostra a entidade que propón o campo de traballo. Quendas.
9.3. Existencia ou non dun proxecto global onde se inclúa o campo.
9.4. Dispoñibilidade de infraestructuras adecuadas para o campo.