Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso de Monitor/a de Turismo Activo

Detalles

A Escola de Tempo Libre Don Bosco en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN) realizará un curso de monitor/a de Turismo Activo.

  1. ENTIDADES ORGANIZADORAS:  AGETAN (Asociaicón Galega de Empresas de Turismo Activo e Natureza) e A Escola de Tempo Libre Don Bosco poñen en marcha este curso de formación para específica para monitores e monitoras que queiran traballar en empresas de Turismo Activo.
  2. REQUISITOS: Ter superada a ESO e ter 18 anos.
  3. CARGA HORARIA DO CURSO: 500 horas. 285 con docencia presencial e 215 en rexime de prácticas dentro dun programa de turismo activo. O aproveitamento do alumno mediarse polo método de avaliación continua. Para superar a parte “teórica” é imprescindible a asistencia  as sesión presenciais e a elaboración duhha memoria persoal, en base a un material guía suminisrado polo profesorado da escola.
  4. PRÁCTICAS: En empresas asociadas a AGETAM ou que teñan un acordó coa mesma.  Para superar esta parte do curso será preciso elaborar unha memoria das actividades realizadas durante o período de prácticas e ter un certificado do responsable da empresa na que se realizan que acredite o aproveitamento positivo das mesmas. A escola proporcionará aos alumnos unha guía-modelo para a elaboración desta memoria.

INSCRICIÓN: acceso ao formulario de inscrisción