Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso Director/a de Tempo Libre 2018-2019

Detalles

A Escola de Tempo Libre Don Bosco realizará un curso de Director de actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela dende decembro de 2018 a febreiro de 2019. A continuación indícanse as características do mesmo:

Requisitos

Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.

Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Datas da parte teórica:

  • Decembro: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30; mañá do 24
  • Xaneiro: 2, 3, 4, 19 e 20; mañá do 5
  • Febreiro: 2 e 3

Horarios:

  • De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Matrícula:

Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o formulario de inscrición

Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola(rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).

Para garantir a reserva da súa praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

1- Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
2- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela, en efectivo ou tarxeta.


Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.