Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso de Director de Tempo Libre

Detalles

O curso de director de Tempo Libre consta de dúas fases,a fase teórico práctica e a fase de prácticas.

Requisitos:

  • Para realizar o curso é necesario estar en posesión do título de monitor de tempo libre e acreditar experiencia no campo do tempo libre.

A fase Teórico práctica

Ten unha duración de 150 horas, organizadas en 15 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha asignatura do plano de estudios entregado en folla aparte.

Avaliación:

  1. A asistencia: aqueles alumnos que deixen de asistir a máis de 30 horas, perden automaticamente a matrícula, e son considerados non aptos. As faltas  débense xustificar.
  2. As observacións do profesorado e do coordinador do curso.
  3. A elaboración e entrega dos traballos esixidos polos profesores e dun caderno de traballo final, nos prazos establecidos.

En caso de non recibir ningunha notificación o remate do curso e dos prazos de entrega, quere dicir que non hai problemas e sodes aptos.

A fase de prácticas

Ten dúas modalidades de realización:

  1. 14 días de actividade intensa nunha actividade ó aire libre (campamentos colonias,...) en bloques non inferiores a 3 días
  2. 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

Responderán a un proxecto elaborado polo alumno e realizado nas súas fases de infraestructura, organización, execución e avaliación, dirixido a uns destinatarios concretos. Será necesaria a existencia dun responsable de prácticas designado pola entidade receptora.

En caso de non ter onde poder realizala, a Escola buscará as practicas a aqueles alumnos que o soliciten.

Tedes dous anos de prazo para realiza-las.

Avaliación

O alumno - a deberá entregar:

  1. Previa á realización, unha programación das prácticas, que describa en que van a consistir. Deberá conter os elementos básicos de toda intervención educativa planificada.
  2. Unha ver rematada a práctica, unha memoria de elaboración propia e individual, que conteña unha síntese da experiencia nas diferentes actividades, as vosas valoracións individuais e grupais.
  3. Xunto coa memoria, un informe de quen exercera de director desa actividade.