Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Curso monográfico de Monitor/a de comedor e transporte escolar

Detalles

 A Escola de Tempo Libre Don Bosco organiza un curso monográfico de monotor/a de comedor e transporte escolar:

PROGRAMA DO CURSO:
Modelos organizativos e visión psicopedagóxica do comedor escolar.
O labor do acompañante no transporte escolar.
Pedagoxía no tempo libre e educación en valores.
Dinámica de grupos e resolución de conflictos
Nutrición e primeiros auxilios

Lexislación
Manipulador de Alimentos

CALENDARIO:
Teórico online: 12 horas. (Manipulador/a de alimentos)
Teórico presencial: 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28 de febreiro e 1, 2 de marzo de 10 a 13 horas.
Fase de Prácticas: Dez días laborables a escoller entre o 5 e o 23 de marzo a realizar en comedores escolares en horario de 13.30 a 16.30.

LUGAR: Centro Don Bosco. Belvís, 2 - Santiago de Compostela
MATRÍCULA: 80 euros.
TOTAL PRAZAS: 25 alumnos


INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
Cubrindo o formulario online
Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni e o xustificante de pagamento (no caso de facelo por transferencia).
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

CERTIFICADO
Unha vez superado o curso o alumno/a recibirá un certificado de asistencia emitido pola ETL Don Bosco. Para superar o curso é imprescindible unha asistencia mínima do 80% da parte teórica presencial e do 100% das horas da fase práctica.