Ocio Familiar

O Ocio Familiar xa está aquí!

Imos crear un espazo onde as familias compartan un bo rato cheo de xogos e ledicia. Un día onde toda a familia poida xogar xunta, e pasar un rato agradabel unida.

Tan só tedes que traer comida para compartir, e moitas ganas de pasalo ben!

Data e lugar

Sábado 11 de maio no Centro Don Bosco de Santiago de Compostela

Horario

  • 11:00 – Chegada das familias.
  • 11:30 – Dinámicas de presentación.
  • 12:00 – Olimpiadas familiares.
  • 13:30 – Tempo libre.
  • 14:00 – Comida compartida.
  • 16:00 – Xogos adultos contra cativos/as.
  • 17:30 – Descanso merenda.
  • 18:00 – Gran Xogo!
  • 19:00 – Fin da xornada.

Custe da actividade

20 euros por familia.

Inscrición

Enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome, apelidos e idades de todos os participantes así como un teléfono de contacto.

A idade mínima dos/as nenos/as é de 4 anos, todos/as os/as cativos/as teñen que ir acompañados/as dalgún familiar.

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow