Procedemento de Solicitude de Títulos de Tempo Libre
Detalles- Detalles
- Publicado o Luns, 20 Febreiro 2017 11:32
- Visitas: 2808
Pasos a seguir para a obtención do título de Monitor/a ou Director/a de actividades de tempo libre e Director/a de campos de traballo:
Unha vez superadas a fases teóricas e práctica dun curso oficial de tempo libre, pódese solicitar o título correspondente expedido polala Xunta de Galicia. Para iso hai que cubrir os datos do formulario on-line disponible na nosa páxina web e adxuntar o resgardo de ter pagada a taxa que esixe a Xunta pola súa expedición.
Para pagala on-line ou para obter o impreso oficlal que che permite liquidala nunha oficina bancaria pode acceder á seguinte páxina web: OV Tributaria
Si precisa axuda coa páxina das taxas acceda á guía de axuda paso a paso
Cando se reciba a petición de expedición do título no formulario con o documento de pago adxunto, a Escola de Tempo Libre expedirá un certificado de ter superado o curso e procederá a tramitar o título na Dirección Xeral de Xuventude. O certificado se enviará en pdf por correo electrónico. O alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solcitar que se lle envíe contra reembolso.
A Xunta de Galicia tarda un mínimo de seis meses en expedir o título. Cando este se reciba. a Escola enviará un correo electrónico para avisar. O/A alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solcitar que se lle envíe contra reembolso.
Este mesmo procedemento vale para solicitar o duplicado dun título xa expedido.