Guía de axuda pago de taxas

Unha vez superadas a fases teóricas e práctica dun curso oficial de tempo libre, pódese solicitar o título correspondente expedido polala Xunta de Galicia. Para iso hai que cubrir os datos do formulario on-line disponible na nosa páxina web e adxuntar o resgardo de ter pagada a taxa que esixe a Xunta pola súa expedición. 

A continuación indicamos  o procedemento para pagala on-line ou para obter o impreso oficlal que che permite liquidala nunha oficina bancaria.:

Campo

Datos

Consellería

14-Política Social

Servizo/Servicio

003-Xuventude

Delegación

10-A Coruña

Taxa/Tasa

305204-Expedición títulos acreditativos da formación de monitor e director de tempo libre e campos de traballo

Obxecto/Objeto de pago

Seleccionar a que corresponde

Titulo de Monitor de tempo libre

Titulo de Director de tempo libre

Título de Director de campos de traballo

   
  • Pulse o botón “Validar”
  • Pulse o botón “Continuar”
  • Complete a sección “Suxeito/Sujeto pasivo” cos seus datos
  • Introduzca o seu email na sección “para retomar unha operación interrumpida”
  • Pulse o botón “Validar”
  • Pulse o botón “Continuar”
  • Complete os datos da sección “Tipo de ingreso”
  • No campo Tipo pode seleccionar entre telemático para pagos con tarxeta ou presencial para efectura o pago nunha entidade bancaria a escoller da lista “Entidade”.
  • Tras cumplimentar os datos pulse o botón “Validar”
  • Pulse o botón “Continuar”
  • Obterá un documento en pdf. Con este documento de ingreso, no caso de pagamentos de forma presencial, deberá realizar o pago da cantidade indicada en calquera oficina da entidade colaboradora que vostede seleccionou , a cal lle devolverá un número NRC identificativo do ingreso realizado.

Despois, deberá de retomar a operación usando a opción de "Operacións Realizadas" que atopará no menú principal e o NRC seralle requirido polo sistema para completar o proceso.

IMPORTANTE: No caso das autoliquidacións de impostos non se da por realizada a presentación soamente co ingreso, tamén ten que presentar a autoliquidación para que esta quede rematada.

 

Cando se reciba a petición de expedición do título no formulario con o documento de pago adxunto, a Escola de Tempo Libre expedirá un certificado de ter superado o curso e procederá a tramitar o título na Dirección Xeral de Xuventude. O certificado se enviará en pdf por correo electrónico. O alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solcitar que se lle envíe contra reembolso.

A Xunta de Galicia tarda un mínimo de seis meses en expedir o título. Cando este se reciba. a Escola enviará un correo electrónico para avisar. O/A alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solcitar que se lle envíe contra reembolso.

Este mesmo procedemento vale para solicitar o duplicado dun título xa expedido.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider