Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Comunidade Salesiana

A comunidade salesiana de Santiago de Compostela empeza a súa andadura formal el 1980 si ben tres anos antes xa estaba un grupo de tres salesianos residindo en Santiago como parte da que sería a primeira comunidade nesta cidade.

As comunidades que se foron sucedendo ao longo destes anos tiveron sempre entre os seus cometidos unha función formadora de salesianos xoves á vez que atendían as múltiples actividades xeradas polo Centro Don Bosco. Durante algúns anos, formaron parte desta comunidade os salesianos xoves estudantes de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán, posteriormente formaron parte da mesma algúns prenovicios.

Na  actualidade a entidade da comunidade segue sendo a de unha comunidade de acollida para xoves que manifesten inquietude por seguir a vida salesiana, pero forman parte tamén do seu cometido, dende sempre, a atención ao Centro Don Bosco: Centro Xuvenil Don Bosco, Escuela de Tiempo Libre Don Bosco, Grupos de Familia Salesiana presentes en Santiago, e a implicación na Parroquia de San Pedro ostentando a vicaría de la mesma.

Festa de Don Bosco

O Bicentenario do nacemento de San Juan Bosco é un ano xubilar que queremos vivir na Familia Salesiana con un profundo sentimento de gratitude ao Señor ...

Ler máis...

Visita de Don Bosco

Achegamosvos o artigo que dende a páxina web da pastoral de Santiago realizaron co gallo da visita de Don bosco a Santiago:

http://www.pastoralsantiago.org/2012/05/benvido-casa.html?spref=fb

Salesianos en Hoxe Por Ti

A cadea de televisión PopularTvGalicia realizou unha reportaxe da Comunidade salesiana e o Centro Don Bosco de Santiago de Compostela no seu programa Hoxe Por Ti. A continuación podedes ver o video da reportaxe.

Ler máis...