Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Festa de Don Bosco

Detalles

O Bicentenario do nacemento de San Juan Bosco é un ano xubilar que queremos vivir na Familia Salesiana con un profundo sentimento de gratitude ao Señor ...

Quere ser, para todos, e en todo o mundo salesiano, unha ocasión preciosa que se nos ofrece para mirar o pasado con agradecemento, o presente con confianza, e para soñar o futuro da misión evanxelizadora e educativa da nosa Familia Salesiana con forza e novidade evanxélica, con coraxe e mirada profética... Este Bicentenario será a evocación de tantas mulleres e homes que no proxecto salesiano deron a súa vida por este ideal de maneira heroica, nas condicións máis difíciles e extremas do mundo, e por eso son un triunfo, un tesouro inestimable que soamente Deus pode valorar. Con esta convicción sentímonos máis animados non soamente a admirar a Don Bosco, a percibir a actualidade da súa figura, senon a sentir fortemente o irrenunciable compromiso de imitación de quen, desde as colinas de I Becchi chegou a periferia de Valdocco, e a periferia rural de Mornese, para implicar consigo e con outras persoas a todo aquel que buscara o ben da xuventude e a súa felicidade neste mundo e na eternidade.

 

Aguinaldo do Reitor Maior 2015, Don Ángel Fernández

 

PROGRAMA 2015
Bicentenario do nacemento de Don Bosco

Sábado 24 de xaneiro na Comunidade Salesiana, DÍA DO CARISMA:    

  • 20:00     presentación do Aguinaldo do Reitor Maior

celebración da Familia Salesiana     e aperitivo

Tríduo de Don Bosco na Comunidade Salesiana:

  • Mércores, 28;  xoves 29 e venres 30 ás 20:00h

Sábado 31 de xaneiro: día de Don Bosco:

  • 17:45h     Espectáculo non te cortes coa ópera  de Mónica de Nut
  • 20:30h     Eucaristía no Centro Don Bosco       
  • 21:15h     Aperitivo familiar
  • 22:15h     Actividade Xuvenil