Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Asociación de María Auxiliadora

Detalles

adma

Esta Asociación subraia, na Familia Salesiana, o valor peculiar da devoción popular mariana, como instrumento de evanxelización e promoción das masas populares e da mocidade.

O asociarse implica os seguintes compromisos:

  • vivir e difundir a devoción a María Auxiliadora según o espíritu de Don Bosco en sintonía coa renovación da Familia Salesiana. 
  • Renovar, potenciar e vivir as prácticas de piedade popular, como por exemplo, a conmemoración mensual do 24 de cada mes, aberta a todo a Familia Salesiana, o rosario, a bendición de María Auxiliadora, en especial a novena e a solemnidade de María Auxiliadora (24 de maio). 
  • Valorizar, en sintonía coa Igrexa, a participación na vida litúrxica, en particular nos sacramentos da Eucaristía e Reconciliación. 
  • Rezar por todas a s vocacións na Igrexa: laicais, relixiosas e ministeriais. 
  • Imitar a María cultivando na propia familia un ambiente cristiano e practicando a solicitude polos mozos pobres e persoas necesitadas.

A nosa Asociación en Santiago é fiel a  cita mensual dos 24 na capela dos salesianos ás 20,00h. Ten una xuntanza mensual de formación permanente os mércores da terceira semana de cada mes. Conta con dúas capelas domiciliarias que facilitan a animación familiar na devoción a María Auxiliadora. Puntualmente, comprométese solidariamente coa súa colaboración, en situaciónns de necesidade.

Esta Asociación ten o grande e preciado privilexio de constituír históricamente o segundo grupo da Familia Salesiana fundado por Don Bosco. En Santiago ten o seu orixe o ano 1981.