Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Antigos Alumnos Salesianos

Detalles

Unidos en torno a Don Bosco

O movemento dos Antiguos Alumnos Salesianos iníciase en 1870 co retorno espontáneo a Don Bosco dalgúns dos que foran rapaces en Valdocco para agradecerlle a educación recibida, prometerlle fidelidade as súas enseñanzas e colaborar coa súa obra na medida das súas posibilidades. Desde entón, os Antiguos Alumnos Salesianos (AA.AA.) vanse organizando en asociacións.

O Capítulo Xeral Especial da Congregación Salesiana no 1972, recoñeceunos como parte integrante da Familia Salesiana. 

Os AA.AA. salesianos son unha asociación laical con autonomía nas funcións de goberno, planificación das actividades e responsabilidade da súa propia vida organizativa. Comparten (con voz propia) as inquietudes e a acción doutros movementos, particularmente de Igrexa, comprometidos na promoción humana integral.  

A Federación Española de Antiguos Alumnos Salesianos está formada actualmente por sete Federacións Rexionais e 80 Asociacións Locais e rexese por órganos de goberno. As locais animan, segundo as posibilidades, un amplo abanico de actividades en diversos campos: accións sociais, culturais, deportivas e de tempo libre, relixiosas, vida asociativa,... “Don Bosco en España” é a revista dos “Amigos de Don Bosco” (AA.AA.SS.) en España cunha tirada duns 13.000 exemplares.  

A finalidade da Asociación é a de espertar, desenvolver, consolidar os valores percibidos no contacto con Don Bosco e a obra salesiana e tamén para axudarse mutuamente (comprometidos co estilo e valores de Don Bosco na sociedade). Os Antiguos Alumnos Salesianos ofrecen como ideal de vida para os seus asociados esta frase de Don Bosco: "Sede honrados cidadáns e bos cristiáns".

En Santiago de Compostela

Hai obras salesianas que non son colexios e configúranse como Centros Xuvenís, parroquias, etc.  Nos estatutos da asociación fálase que forman parte dos AA.AA. salesianos tamén aquelas persoas que tiveran relación en tarefa educativa con estas realidades salesianas. É o caso de Santiago.

Desde o comezo da obra salesiana en Santiago atendeuse aos AA.AA. salesianos dun modo particular aos universitarios que procedían de colexios do resto de Galicia. Chegouse a ter dous pisos propios para esta atención e un servizo de acompañamento e amizade en numerosas residencias estudantís de Santiago. (logo fíxose innecesario todo isto pois o se crear outros campus en Galicia o número descendeu drasticamente). Paralelamente atendíase a un grupo de matrimonios  (AA.AA.SS. residentes en Santiago e procedentes de varios lugares de España) que cos seus fillos tiñan reunións periódicas no Centro Don Bosco.

Anos máis tarde este grupo chegou a oficializarse. Debido, despois, a mobilidade de moitos deles e a outros avatares e cambios, disolveuse a oficialización da asociación.

Nestes últimos anos partiuse da realidade desta obra de Santiago. Aquí, xunto cos AA.AA. alumnos que chamamos “de pupitre”, estamos moitos que tivemos e seguimos tendo relación co Centro Don Bosco e algúns en calidade de pais de nenos e mozos que participaban nas actividades do mesmo; desde entón nosoutros disfrutábamos de reunións de formación, de convivencia, etc.  Somos persoas que posuemos contacto de calidez afectiva con Don Bosco e a súa obra en Santiago e por iso nos chamamos “Amigos de Don Bosco” en Santiago.

Uns e outros vémonos desde fai catro anos mensualmente en reunións de convivencia e formación. Os temas tratados, entre outros, foron: Cómo ser máis feliz (e axudar a ser máis felices a outros), Cómo vivir con mellor saúde (e axudar a outros a facelo), Cómo saborear mellor a nosa cidade de Santiago, etc… Ao mesmo tempo gozamos de excursións culturais-recreativas por Galicia, seguimos en diversas realidades do Centro segundo posibilidades de cada un (accións sociais, culturais, deportivas e de tempo libre, relixiosas, vida asociativa, …), repartimos unhas sesenta películas e libros sobre a vida de Don Bosco, participado naquelas realidades de Familia Salesiana organizadas desde o Centro, formamos parte do Consello da Familia Salesiana, etc.

Nestes momentos estánse a realizar os trámites de oficialización como asociación local do noso grupo “Amigos de Don Bosco” como Asociación de Antiguos Alumnos Salesianos de Santiago. E sentimos ditosos e orgullosos de pertencer a Familia Salesiana desde esta realidade. Esperamos que neste trixésimo aniversario se configure, en Santiago, con raíces cara o futuro, esta rama da Familia Salesiana. (Santiago de Compostela a 24. Xaneiro 2011).