Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

A punto é un servizo de asesoramento e información para asociacións e voluntarios de carácter flexible, áxil, útil e sobre todo eficaz, en funcionamento desde o 1 xaneiro de 2000.
A súa finalidade é satisfacer necesidades en materia de información, formación documentación e/ou elaboración de proxectos para calquera tipo de organización que se basee no voluntariado.
Por outra parte, este servizo pretende ser un instrumento de sensibilización e promoción do voluntariado e das ONGs, así como unha plataforma para promover os programas de voluntariado. Neste sentido ofrecerse como un punto de referencia do mundo do voluntariado, onde quede reflectida a variedade de ofertas, actividades e programas que realicen as distintas organizacións.
Servizos ofertados

  • Servizo de información e documentación, que supón ser punto de referencia informativa sobre cuestións relacionadas co mundo do voluntariado: ofertas, actividades e programas que realizan as organizacións, coa idea de poñer a disposición das entidades de voluntariado unha serie de fondos documentais para a consulta de materiais de interese.
  • Servizo de información, e asesoramento, que implica o fomento da formación do voluntariado, coa finalidade de resolver aqueles déficits que poidan presentar as organizacións de voluntariado e ONGs, en canto a elaboración dos proxectos e potenciar a mellora nas actuacións deste tipo de organizacións.
  • Servizo local de Programas europeos que pretende promover a participación de mozos e mozas no “Programa de Acción Comunitario Xuventude” da CEE que ten como finalidade favorecer a integración dos/as mozos/as na sociedade e a súa implicación activa na construción europea. Dentro deste programa o Servizo de voluntariado europeo é nestes momentos o proxecto de A punto que conleva maiores recursos económicos e persoais. Este programa proporciona aos interesados/as (entre 18 e 25 anos) a posibilidade de desenvolver o seu voluntariado nalgún proxecto dos estados da Comunidade Europea. A Escola de Tempo libre Don Bosco é neste caso entidade de envío, entidade de acollida e de coordinación de voluntarios  europeos.

 

SVE 15 años

Blog SVE

O Centro Don Bosco leva traballando no eido do servizo de voluntariado europeo dende o ano 2001, e todos os anos recibe voluntarios procedentes de diferentes paises de todo o continente europeo.

Ler máis...

Festa das Culturas 2015

Un ano máis os nosos voluntarios europeos están a argallar un evento para que teñamos a oportunidade de coñecer un pouco máis os seus paises de procedencia dunha forma amena e divertida.

Ler máis...