Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

 

 

Un ano máis O Centro Don Bosco pon en marcha a Operación Quilo, unha campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene, na que como os anos anteriores todo o recadado irá para as entidades: Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo, e facilitar así o seu traballo cas persoas que máis o necesitan.

Esta campaña leva existindo en Santiago de Compostela dende o ano 1986, e gracias a ela conseguimos que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para todas esas persoas en risco de exclusión social

O importante desta campaña son as persoas, pero non só aquelas que necesitan axuda, porque esta operación non sería posible sen todas esos/as voluntarios/as que nos axudan nos diferentes frentes.

Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:

    • Sendo Quiloborador. Neste enlace  podes ver como ser entidade colaboradora.
    • Axudando na recollida. Podes unirte mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
    • Doando algún alimento ou producto de hixiene. Aquí tes un mapa con todos os puntos dispoñibles onde podes facelo.

Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 981582243 e estaremos encantados/as de falar contigo.

Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!

Operación Quilo 2018

A Operación Quilo é unha campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene promovida polo Centro Xuvenil Don Bosco, que busca axudar a todas esas persoas que máis o necesitan.

Ler máis...

Puntos de recollida

A continuación podes atopar unha lista das entidades donde pode aportar os alimentos e productos de hixene persoal da campaña Operación Quilo

Ler máis...

Entidade Quiloboradora

O nadal está nas nosas portas, e como cada ano con él chega un momento de ledicia e compartir familiar, pero tamén a nosa xa coñecida campaña Operación Quilo, na que recollemos alimentos e productos de hixiene para as familias que máis o necesitan, e no que precisamos Espazos Quiloboradores, lugares que queiran colaborar deixando un espazo onde a xente poida deixar estos productos.

Ler máis...