Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Operación Quilo 2018

Detalles

A Operación Quilo é unha campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene promovida polo Centro Xuvenil Don Bosco, que busca axudar a todas esas persoas que máis o necesitan.

 

Cómo?

Pois recollendo alimentos e útiles de hixiene para que as entidades sociais Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo os repartan entre os seus usuarios/as.

Se queres colaborar tan só tes que traer algún alimento ou producto de hixiene a calquera dos puntos quilaboradores, ou directamente no Centro Xuvenil Don Bosco.

Entre todos/as cambiamos a realidade dos nosos Barrios!