Gran Xogo - Kermés

Na campaña de recollida de alimentos Operación Quilo todos e todas podemos aportar o noso gran de area para axudar as familias de Santiago que máis o precisan, por eso este sábado 14 de decembro queremos darlle a oportunidade aos máis pequenos da casa de sentírse partícipes desta campaña solidaria.

Para elo o grupo Scout Khanhiwara organiza a que a través dunha Kermés: evento no que haberá unha gran variedade de xogos para todas as idades.

Para participar deberá aportarse un kg de comida ou 1€ co que se obterá un ticket con dereito a participar en 5 xogos.

Tanto os alimentos como os cartos aportados serán integramente destinados a campaña solidaria Operación Quilo.

Lugar e horario

  • Praza 8 de marzo
  • 14 de decembro de 12:00 a 14:00

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider