Keep Calm & Be a Volunteer - Odivelas

O proxecto consistiu en traballar con unha asociación de xente con discapacidade, en concreto parálise cerebral.

O principal obxetivo que desenvolvín ao longo do meu periodo como voluntario, foi axudarlle os diferentes usuarios a ter unha vida o máis normalizada posible.

Para elo as tarefas que desempeñei foi axudarlles a facer deporte adaptado, levalos a actividades culturais como concertos e visitas a museos na area da grande Lisboa,  ir con eles a un simple paseo para ir tomar algo a unha cafetaría, e por suposto ir a praia nos días de calor.

Xa na parte máis dura da miña estadía en Portugal, o confinamento e isolamento por causa do COVID-19 dos usuarios, as miñas ocupacións pasaron principalmente a ser: o acompañamento, facer pequenos xogos con eles e axudarlles a comer.

LUGAR DE REALIZACIÓN:  Odivelas, Lisboa

DATA DE REALIZACIÓN: 05/07/2019-04/07/2020

VOLUNTARIO: José Ramón Miguéns

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider