Tus Nua Apartments é un servizo de apoio a mulleres sen teito, que forma parte da rede de servizos de Depaul Ireland. Tus Nua, conta cunhas características moi específicas posto que este proxecto se atopa destinado a mulleres que abandonan a prisión, sendo o único de este tipo en Irlanda.
Tus Nua é ademais o que se denomina Short Term Accomodation (STA), isto é, as persoas usuarias do servizo serano por un máximo de 6 meses, sendo entendido este período como un proceso de transición a unha vida máis autónoma.
Por este motivo, as funcións principais da persoa voluntaria, serán o apoio nas actividades da vida diaria (cociña, acompañamento a citas, etc.) para a promoción da autonomía e a realización de actividades dentro e fóra da casa para facilitar o proceso de establecemento dunha rutina (unha das maiores dificultades tras a saída de prisión).
LUGAR DE REALIZACIÓN: Dublín, Irlanda
DATA DE REALIZACIÓN: 23/09/2018 - 21/08/2019
VOLUNTARIA: Antía Eijo