Voluntariado no centro

O Voluntariado son aquelas accións que de maneira altruista e sen esperar nada a cambio son desempeñadas por individuos que brindan un servizo a unha comunidade.

Gustariache colaborar como voluntario ou voluntaria no noso centro?

En que actividades ou campañas podo colaborar?

  • Máis Que Apoio Escolar: Reforzo escolar para estudantes de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e programas psicopedagóxicos de atención individualizada. Entre 16.30 e 20.30 de luns a venres.
  • Espazo Lúdico Papaventos: para rapaces e rapazas a partir dos 4 anos (3 se están escolarizados): xogos, animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, etc. De 17.00 a 20.00 de luns a venres.
  • Clube de Baloncesto, CD Bosco: con participación en competición oficial na categoría de minibasket (nados e nadas do 2007/2008). Os adestramentos son habitualmente os luns de 17.30 a 19:00 e os partidos de competición os sábados pola mañá.
  • Grupo Scout Khanhiwara: oferta actividades para rapaces e rapazas de 8 e 19 anos, organizados por idades. O seu calendario desenvólvese no curso escolar e o horario habitual da actividade é os sábados de 12 a 14 horas.
  • Campamento Urbano
  • Campañas Solidarias:
    • Operación Quilo:campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene durante para a campaña de Nadal.
    • Campaña de Sensibilización: para mozas e mozos de colexios do entorino de Santiago de Compostela (a partires de febreiro)
  • Eventos (Festas de María Auxiliadora, Magosto, Festas de Don Bosco, ...)

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow